Formada por tres concellos, Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla, é paso obrigado para os peregrinos que se achegan a Compostela tanto polo Camiño Francés coma pola Ruta do Norte.
Destaca pola súa riqueza paisaxística (bosques centenarios, o discorrer do Ulla, fervenzas, flora medicinal e fauna) e arquitectónica (petroglifos, castros, pontes romanas, o Castelo de Pambre, restos de hospitais para peregrinos, edificacións consideradas xoias do románico, etc).
Asimesmo conta con numerosos establecementos. No sector servicios, destacar as casas de turismo rural e un balneario de recente construcción á beira do río Pambre. Tamén compre suliñar a aparición de novos productores no sector da agricultura e gandeiría ecolóxica (plantas medicinais e aromáticas, queixerías, granxas avícolas e productores de espárragos e frambuesas).