Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso

MILHULLOA S. COOP. GALEGA é unha empresa cuxo obxecto social é o cultivo ecolóxico, tanto de plantas medicinais como de hortalizas. Está situada en Palas de Rei (Lugo) á beira do Camiño Francés  ao seu paso pola comarca de Ulloa.
 
 
Dispón de 10 Ha. de terreo onde realiza o seu propio cultivo, e unha pequena industria onde transforma os seus produtos mediante un proceso de deshidratación.
 
   
 
 
O uso das técnicas de cultivo ecolóxico dá como resultado produtos de maior calidade para o consumo e axuda a preservar a biodiversidade da contorna. A través dun convenio coa USC obtense un produto final de calidade contrastada.
Milhulloa é a única empresa galega dedicada á produción de plantas aromáticas e medicinais, realizando todo o proceso de elaboración do produto, desde o cultivo até a transformación para a súa venda. Así mesmo, oferta servizos de deshidratación a empresas produtoras de algas, cogomelos e hortalizas.
Outra das actividades que leva a cabo a cooperativa son talleres de cosmética natural, fitofortificantes e propagación de plantas medicinais en ecolóxico. Estes pódense realizar tanto nas nosas instalacións como noutras que dispoña de luz e auga.        
Milhulloa é socia cofundadora de Coop57 Galiza , desde Maio2009, é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social .
 
  • “II PREMIOS AGRARIOS DE GALICIA”. Conselleria de política agroalimentaria e desenvolvemento rural.1º premio na modaliade de muller rural emprendedora do ano 2003.
  • “FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE DE SILLEDA”.  Accesit na modalidade de innovación. Maio 2004.
  • “IV PREMIOS A COOPERACIÓN”.  Premio á promoción do cooperativismo. Consellería de traballo. Decembro de 2005.
  • “3º PREMIO AGADER ÁS INICIATIVAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL”, na edición 2006.
  • “1º PREMIO ÁS ACTIVIDADES PRODUCTIVAS DO MEDIO RURAL POLA SÚA CONTRIBUCIÓN A POSTA EN VALOR DO TERRITORIO HISTÓRICO
  • "1º Premio de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do 2010" 
   

Contacto


Milhulloa Sociedad Cooperativa Galega

Dirección: Lugar Coto nº1 Palas de Rei (Lugo)

Teléfono: 620 783 682 / 646 569 126

Email: milhulloa@hotmail.com