Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso

SOPA DE VEXETAIS e ESPECIAS

 Ingredientes:

  • 2 patacas 
  • 2 cenorias
  • 1/4 de col
  • 2 calabacines
  • 2/3 cunca de aceite de sésamo
  • 2 cebolas 
  • 1/2 cucharada de jengibre.
  • 1 litro de auga mineral 
  • 2 cucharadas de cúrcuma 
  • 1 cucharada de pementa 
  • 1 cucharada de sementes de mapoula
  • 1 cucharada de curry 
  • 3 tomates 
  • 3 cucharadas de albahaca 
  • 1 cucharada de estragón 
  • 1 cucharada de eneldo 
  • 1 cucharada de ourego
  • 10 dentes de allo 
  • Aceite de oliva


Preparación:

Nun caldeiro quentamos o aceite de sésamo e engadímoslle a cebola picada e o jengibre. Cando estean as cebolas transparentes engadimos todas as especies removendo constantemente.

Aparte nunha tixola con aceite de oliva, douramos os allos e engadímoslle as cenorias cortadas en rodajas, os calabacines cortados, e a col troceada . Nunha pota quentar o aceite. deixamos uns minutos e engadímolo ao caldeiro.

Finalmente engadimos o resto de ingredientes (as patacas cortadas en cuadraditos e con pel) e enchemos de auga mineral ata que cubra. Fervemos baixamos o lume e deixámolo unha hora.

Servimos e a gozar da sopa de verduras e especias




 

Contacto


Milhulloa Sociedad Cooperativa Galega

Dirección: Lugar Coto nº1 Palas de Rei (Lugo)

Teléfono: 620 783 682 / 646 569 126

Email: milhulloa@hotmail.com