Experiencias Turísticas
Saboreando Milhulloa
Se entendes que a gastronomía é moito máis que sentarse a unha mesa, esta Eco Experiencia está pensada para ti!!!
Unha experiencia baseada en coñecer de primeira man o noso traballo como produtoras agrícolas e o proceso de produción das distintas variedades de plantas medicinais como Sarxa, Herba dos carpinteiros, Caléndula, Aciano; Melisa, Artemisa…,… e, por suposto, o grelo!
Viaxa con nós por un paseo de sabores. Goza dos mellores produtos da nosa terra e da nosa comarca nunha actividade deseñada para deleitar o teu sentido do gusto.
Ofrecémosche a posibilidade de asistir a unha degustación e cata a través dun xogo sensorial para que identifiques, probes e analices as distintas variedades de especies e infusións que hoxe producimos en Milhulloa. Desde as máis tradicionais ás máis innovadoras, producidas de forma ecolóxica e artesanal e con sumo coidado.
Tanto se queres facer turismo dun xeito diferente como vivir unha experiencia sensorial, esta actividade é ideal para espertar os teus sentidos.
Atrévete a probar algo diferente, sorprenderaste!
Reservas
Para reservar esta actividade podes escribirnos un mail!!!
Tipo de público ao que se dirixe: Grupos, parellas, estudantes, peregrinos.
Número de participantes máximo e mínimo: Máximo 10 persoas.
Datas e horario: Todo o ano con reserva previa.
Duración: 90 min.
Prezo: 1 persoa 45€, 2 persoas 30€ cada unha, máis de 2 persoas 25€ cada unha.
Inclúe: Visita guiada ás instalacións de Milhulloa · Pequena charla sobre as plantas · Xogo sensorial · Degustación de especias, infusións e grelo deshidratado Milhulloa.
Recomendacións / Advertencias: En caso de condicións meteorolóxicas moi adversas, poderase cancelar a experiencia Ou aprazala para outra data.
Condicións de reserva / Cancelación: Reserva con antelación necesaria, forma e prazo de cancelación sen custe 48h antes, forma de pago, transferencia bancaria e Bizum.
Agro Cultura
En Milhulloa entendemos o noso traballo como unha forma de manter a cultura agraria galega. Coidamos o solo e obtemos alimentos con cultivos ecolóxicos e mantemos a soberanía alimentaria da nosa contorna.
Con esta base, propoñémoste unha experiencia inmersiva para coñecer os produtos de Milhulloa, cales son e como se obteñen e terás a oportunidade de participar nun obradoiro práctico onde aprenderás técnicas de cultivo e coidado das plantas. Poderás identificar as sementes de diferentes variedades de plantas medicinais, como Sarxa, Herba de Carpinteiro, Caléndula, Aciano, Melisa, Artemisa… e, por suposto, o grelo!
Ademais, descubrirás os procesos de traballo para obter os produtos finais de Milhulloa e probarás a túa maña para sementar ou colleitar (dependendo da época). A experiencia non só te conectará coa natureza e a cultura local, senón que tamén te ensinará habilidades prácticas de agricultura que poderás aplicar na túa vida diaria.
Por último, coñecerás os usos de cada especie ou planta segundo as propiedades e desfrutaremos probando o resultado!
Reservas
Para reservar esta actividade podes escribirnos un mail!!!
Tipo de público ao que se dirixe: Grupos, parellas, estudantes, peregrinos.
Número de participantes máximo e mínimo: Máximo 6 persoas.
Datas e horario: Todo o ano con reserva previa.
Duración: 120 min.
Prezo: 1 persoa 55€, 2 persoas 45€ cada unha, máis de 2 persoas 35€ cada unha.
Inclúe: Visita guiada ás instalacións de Milhulloa · Pequena charla sobre as plantas · Prácticas de traballo na terra ( Proporcionaranse todos os materiais e ferramentas necesarias) · Degustación de especias e herbas de Milhulloa.
Recomendacións / Advertencias: · Traer roupa cómoda · Alérxenos… · En caso de condicións meteorolóxicas moi adversas, poderase cancelar a experiencia ou aprazala para outra data.
Condicións de reserva / Cancelación: Reserva con antelación necesaria, forma e prazo de cancelación sen custe 48h antes, forma de pago, transferencia bancaria e Bizum.
Laboratorio de Ciencia Milhulloa
Milhulloa é unha cooperativa auto-construída a medida, como unha alternativa laboral no medio rural. Non só proporciona ás súas socias un medio de vida, senón que o fai dentro do campo profesional no que Carmela e Chusa querían desenvolverse, os ámbitos da bioloxía e a farmacia, que foron os seus espazos de formación universitaria.
Ven descubrir da nosa man o fermoso mundo das plantas medicinais a través desta eco experiencia que consiste nun taller (obradoiro) para elaborar a túa propia pasta de dentes ecolóxica.
Trátase dun taller durante o cal aprenderemos a elaborar a nosa propia pasta de dentes de xeito sinxelo, práctico, rápido, económico e por suposto cun sabor Milhulloa!
Durante o taller, terás a oportunidade de colleitar, mesturar e combinar os ingredientes baixo a nosa guía experta, aprendendo cada paso do proceso.
Non só aprenderás unha habilidade útil e práctica, senón que tamén contribuirás ao coidado do medio ambiente.
En que consiste a eco experiencia?
Antes de poñernos mans á obra no noso laboratorio natural, faremos un percorrido no que poderás coñecer o noso proxecto, visitar a nosa finca e as variedades de plantas que cultivamos así como as súas propiedades, recolleremos manualmente os ingredientes para finalmente preparar a nosa pasta dental co noso kit de traballo. Unha vez finalizado o proceso, poderás levar o teu dentífrico envasado e etiquetado!
Reservas
Para reservar esta actividade podes escribirnos un mail!!!
Tipo de público ao que se dirixe: Grupos, parellas, estudantes, peregrinos.
Número de participantes máximo e mínimo: Máximo 15 persoas.
Datas e horario: Todo o ano con reserva previa.
Duración: 90 min.
Prezo: 1 persoa 35€, máis de 1 persoa, 25€ cada unha.
Inclúe: · Visita guiada ás instalacións de Milhulloa · Pequena charla sobre as plantas · Traballo de laboratorio (todos os materiais e ingredientes incluídos)· Degustación de especias e herbas de Milhulloa.
Recomendacións / Advertencias: En caso de condicións meteorolóxicas moi adversas, poderase cancelar a experiencia ou aprazala para outra data.
Condicións de reserva / Cancelación: Reserva con antelación necesaria, forma e prazo de cancelación sen custe 48h antes, forma de pago, transferencia bancaria e Bizum.