Grelo Deshidratado Milhulloa

Grelo Deshidratado

Hortaliza que contén compostos antioxidantes naturais como as vitaminas A, B9 (ou acedo fólico),E, K..

Hai moitos galegos, sobre todo moitos maiores do rural galego, que non entenden un día da súa vida sen caldo.

Imponse a ración diaria de grelo, nabiza, verza ou repolo -aderezado, iso si, con algo de porco polo medio- como apócema de resistencia ao frío do inverno e, paradoxalmente, tamén como alimento para soportar as calores estivais.

Constatan que brócoli e grelo elevan o efecto de fármacos contra o cancro de próstata. Trátase dun estudo da Misión Biolóxica de Galicia e a USC, que agora investigan se sucede o mesmo cos tumores de mama.

Mercar Online

Grelo Deshidratado

Deshidratados

Milhulloa foi a pioneira na conservación do grelo mediante deshidratado en cámara de secado a baixa T, conservando así todos os seus compostos fitoquímicos e todas as súas propiedades organolépticas.

O caso é que a sabedoría popular galega di que hai que comer verza, grelo ou repolo os 365 días do ano. E di ben. Porque a Misión Biolóxica de Galicia (situada en Pontevedra), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), comprobou fai xa máis dunha década que estas especies fetiche da horta galega, ademais doutras como o brócoli e a coliflor, teñen propiedades tanto antioxidantes como anticanceríxenas.

Puntos de Venta

Podes atopar os nosos produtos nestes puntos de venta.

Create store locator by Locatoraid

Outros Produtos

Especias Eco

A gran vantaxe de empregar as especias a miúdo, ademais do aroma que achegan, non incorporan calorías ao prato que preparemos.

Infusions Eco

Milhulloa realiza o ciclo completo da elaboración destas infusións. Con cada infusión gozarás dos sabores e aromas da Ulloa.

Oleatos & Misturas

A elaboración dos nosos oleatos segue un proceso que vai desde o cultivo ecolóxico das especies ata a maceración no noso laboratorio rural.

Datos de Contacto

Tel. 620 78 36 82 - 646 56 91 26

milhulloa@hotmail.com

Lugar Coto, 1

27204 Palas de Rei, Lugo